Oito produtoras socias de AGAPI recibiron o 100% das Axudas Selectivas do ICAA en Galicia

Oito produtoras socias de AGAPI recibiron o 100% das Axudas Selectivas do ICAA en Galicia

Foron seleccionadas oito empresas do sector en Galicia para 12 proxectos

O ano 2024 foi un ano de moitas e boas novas para a producción galega, tanto en número como en galardóns obtivos a nivel nacional e internacional. Un éxito do que tamén forma parte a Asociación Galega de Produtoras Independentes, Agapi, xa que aglutina a 39 empresas produtoras de cine, televisión, publicidade e servizos, e leva contribuindo activamente á consolidación e desenvolvemento da industria de Galicia dende o ano 1994.

Como broche final ao ano, a última nova da que Agapi se sente orgullosa é de que as Axudas Selectivas convocadas polo “Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA)”, no caso de Galicia, foron parar nun 100% a empresas socias de Agapi.

Trátase das oito produtoras galegas: Mordisco Films, Sétima, Frida Films, Miramemira, Gaitafilmes, Matriuska, Abano e Nós Produtora, que recibiron orzamento para 12 proxectos que están en producción ou a piques de comezar o plan de rodaxe.

Mordisco Fims, é unha produtora con sede en Bóveda, Lugo.

O proxecto seleccionado é ‘La mala madre’, unha coproducción con Admirable Films coa dirección de Alicia Albares, que foi dotado con 570.000 €. “Arrepentíraste de non ter instinto maternal” é o lema sobre o que xira a historia deste proxecto. A historia comenza cando Victoria desperta cun brazo roto nunha casona no medio dun bosque. Unha monxa e un médico encárganse de coidala, pero axiña a presenza dunha muller faralle recordar a realidade da traxedia.

Outro dos proxectos seleccionados, en coproducción coa tamén lucense Gaitafilmes é ‘Monstruo’.

O lucense Alberto Díaz, un dos responsables da produtora, comenta: “Trátase da primeira vez que nos dan esta axuda que supón un importante pulo á producción deste filme que xa conta con numerosas seleccións internacionais”. Como membro de Agapi, destaca a boa estructura da asociación e o contacto continuo con outros produtores.

Sétima é unha produtora que naceu da man de Anxos Fazáns e Silvia Fuentes, con sede en Santiago. O ICAA seleccionou dous proxectos seus:

‘Las líneas discontinuas’, en coproducción con Elamedia, e dirixida por Anxos Fazáns (segunda longametraxe), é un filme recén rematado rodado e editado en Galicia. O orzamento concedido polo ICAA foi de 570.000€.

O segundo proxecto seleccionado de Sétima é ‘A morte nos teus ollos’, en coproducción con Sideral Cinema, e dotado con 800.000€. Neste caso está dirixido por Guillermo de Oliveira, que, previsiblemente verá a luz no final do terceiro trimestre do 2025 e que se rodará na zona de Vigo, Nigrán e Porriño.

“O traballo de aprendizaxe desde Agapi nótase desde o primeiro momento no que entras a formar parte da asociación, onde atopas aopio, unión, entendemento, entras en contacto con outras empresas do sector, involucranse para axudar a sacar adiante os proxectos… O asociacionismo é, en moitos casos esencial para chegar a bo fin”, comenta Silvia Fuentes.

Frida Films é outra das empresas que obtivo unha das Axudas Selectivas. Fundada no ano 2008 en Santiago, no seu caso foron 285.000€ para o proxecto ‘Los invitados’ en coproducción coa empresa alemá TheMatch Factory e que se rodará entre Alemaña e Galicia durante o mes de maio.

O orzamento máximo, 800.000€ foi para ‘Pínkala’, segunda longa de FridaFilms, dirixida por Juanjo Guiménez, primer español en gañar unha Palma de Ouro en Cannes coa curtametraxe “Timecode”.

Luisa Romero, de Frida Filmes, e membro da directiva de Agapi desde fai 13 anos, destaca que “sinto que se trata dunha asociación que funciona, que sempre tendemos a man para axudar ás produtoras asociadas. Persoalmente creo moito no asociacionismo para sacar adiante proxectos”.

Miramemira, produtora con sede en Santiago, recibiu a Axuda Selectiva do ICAA para o proxecto ‘Querer vivir un grito’, de Diana Toucedo, en coproducción con Alba Sotorra e Amorambre (o proxecto empresarial persoal de Andrea Vázquez). Foron 800.000€ para esta longa en producción.

Mirameira tamén recibiu apoio coa coproducción ‘Petróleo’ entre España (Xavi Font – Zuzú Cinema e Andrea Vázquez – Miramemira), Francia (Julien Naveau – Le Plein de Super), Colombia (Laura Solano – Camara Lenta), e Venezuela (Merlyn González).

E co documental ‘Ana máis nós’, dirixido por María Yáñez. Trátase dunha coproducción galega entre Miramemira, Zuzú Cinema e Morambre.

“Este orzamento axudará a levar a cabo estes proxectos que serán o noso traballo nos vindeiros anos”. Con respecto a formar parte de Agapi “destaco a rede que facemos entre compañeiros, a rede informativa, a de axuda… e a comunidade de poñer en marcha estes proxectos”.

Gaitafilmes obtivo subvención das Axudas Selectivas para ‘Monstruo’, en coproducción con Mordisco Films e que xa ten axudas previas, ás que se suman os 575.00€ do ICAA. Conta coa participación da TVG e TVE. “Trátase dun proxecto moi avanzado que comezará rodaxe na primavera do 2025”, comenta Suso López que tamén destaca “un proxecto moi persoal e artístico, fantástico, do estilo de Andrés Goteira, o director”.

Matriuska, con sede en Pontevedra, recibiu 342.00€ para ‘O pesadelo das vacas’, dirixido polo galego Rafa de los Arcos, película que amosa cunha ollada de perspectiva de xénero a sociedade no ámbito rural.

Con esta axuda “prácticamente pechamos a financiación para comezar a rodar ao redor do mes de setembro de 2025. Agora mesmo estamos traballando nas localizacións que serán entre Ourense e Pontevedra”, comenta Dani Froiz, de Matriuska.

Abano, de Chelo Loureiro, tras un ano cargado de éxitos suma a obtención dunha axuda do ICAA de 171.00€ para a animación ‘Mu-Ki-Ra’, coproducción España e Colombia, e que supón a ópera prima da directora colombiana Estefanía Piñeres, tamén recoñecida actriz latinoamericana. “Un proxecto ao que cheguei a través dunha xornadas de MIA, Muller na Industria da Animación, e no que xa levamos traballando moito tempo. Na actualidade estamos en producción, con música de Nani García e que tamén conta coa colaboración de María Barro no guion conxuntamente coa mesma Estefanía. Contamos con telo rematado para finais do 2025 para a súa estrea no 2026”.

Nós Produtora Cinematográfica Galega recibiu máis de 97.555€ para ‘Prefiro condenarme’, documental dirixido por Margarita Ledo e que foi estreado o pasado mes de novembro en salas. “Estamos moi contentas con esta axuda que nos permite seguir traballando. Sobre todo tendo en conta os criterios desta liña de axudas e que, para documental, sempre son máis restrinxidas. E, vendo que todas as empresas beneficiarias galegas son membros de Agapi, demostra a importancia de asociarse e de seguir producindo en galego. As axudas para empresas galegas fainos máis visibles e demostra facemos moi bo cine, da man de boas produtoras, o que nos consolida no panorama internacional”, comenta Olaia Ledo, de Nós Produtora.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies