Os representantes de UNAYTA e Agapi, Manolo Calvo Súarez e Felipe Lage Coro respectivamente, asinaron un convenio entre ambas entidades.
É obxecto do mesmo é establecer a colaboración na prestación de servizos de dixitalización de vídeos e audios, dixitalización de fotografía e imaxe, xestión e indexación de metadatos e integración de sistemas de xestión de contidos ás empresas socias de Agapi. O convenio busca incrementar a visibilidade dos servizos de UNAYTA a cambio de vantaxes nos custes para as empresas.
UNAYTA é unha consultora tecnolóxica galega especializada en dixitalización de fondos audiovisuais e Agapi é a asociación pioneira do sector audiovisual galego e leva traballando a prol do mesmo desde hai máis de 30 anos, representando ás produtoras independentes galegas.