Agapi celebrou o pasado 28 de novembro o seu 30 Aniversario cunha gran festa en Capitol

Agapi celebrou o pasado 28 de novembro o seu 30 Aniversario cunha gran festa en Capitol

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) reafirmou o seu compromiso de traballo para seguir sendo unha peza clave na unidade, consolidación e estabilización dun sector estratéxico como é o do audiovisual galego

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) cumpriu 30 anos e para celebralo o día 28 de novembro celebrou unha gran festa na sala Capitol para socios e convidados do sector que contou coa actuación do grupo galego ‘De Ninghures’.

Desde Agapi destacan a importancia que ten o feito de contar en Galicia cunha asociación forte nun momento trascendental para o sector audiovisual como é o actual. Ao longo destes 30 anos, Agapi desempeñou un papel clave na creación de vínculos entre todos os axentes do sector, incluíndo as administracións e as televisións. Hoxe en día, somos unha asociación sólidamente establecida, cun número de socios sen precedentes. Contamos cun sector audiovisual galego de gran calidade creativa, experimentando importantes transformacións no mercado e xurdindo novas oportunidades. Neste contexto, Agapi reafirma o seu compromiso de seguir traballando para fortalecer alianzas que garanticen a consolidación e estabilidade necesarias para o sector.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies