Agapi presenta na Culturgal os adiantos do audiovisual que está por vir e unha programación de cine moi completa

Agapi presenta na Culturgal os adiantos do audiovisual que está por vir e unha programación de cine moi completa

Culturgal, encontro anual da cultura en Galicia, terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro. Un ano máis, poderán verse no marco da Feira as mellores producións audiovisuais feitas desde Galicia.

AGAPI coordina de novo esta programación audiovisual para desfrutar no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra de balde coa entrada da Feira e ata completar aforo.

VENRES 29 DE NOVEMBRO 2024

19:00h CINE Película e coloquio ‘Filmei paxaros voando’ (Sétima) 100 min + coloquio con Zeltia Outeiriño, directora, e Silvia Fuentes, produtora. NRM 7 anos

SÁBADO 30 DE NOVEMBRO 2024

12:00h CINE Película e coloquio ‘Os espazos en branco’ (Serea) 77 min + coloquio con Bruno Arias, director e Álvaro Liste, produtor. Apta para todos os públicos.

16:00h CINE Película e coloquio ‘Aurora’ (Gaita Filmes) 60 min + coloquio con Area Eirina, directora e Laura Doval, produtora do filme. NRM 12 anos.

17:30h ESCENARIO A Adiantos AGAPI

  • Curtametraxe ‘Monstera’, producida por Coven e Maruxiña, presenta Diego R.
    Aballe e Amanda Seijo, produtores.
  • Documental ‘Never give up’, producido por
    Danga Danga, presenta Marta Eiriz, produtora.
  • Filme de ficción ‘Mil Ourelas’, producido por Tamboura, presenta Santiago Uria,
    guionista e Gael Herrera, produtora.
  • Curtametraxe ‘Adeus, Berta’, producido por Kraken Media, presenta Fernando
    Tato, director e Alba Gallego, produtora.
  • Documental ‘O silencio herdado’, producido Gaita Filmes, presenta Suso López,
    produtor
  • Filme de ficción ‘As Labregas’, producido por Martela Films presentado por Rosa
    Taboada, directora.

19:00h CINE Película e coloquio ‘As Neves’ (Cósmica) 83 min + coloquio con Sonia Méndez, directora e Nati Juncal, produtora. NRM 12 anos.

DOMINGO 1 DE DECEMBRO DE 2024

11:45h CINE Estrea Bibopalula. Bibopalula é unha serie de animación musical deseñada para espectadores primeirizos. Producida por Undodez e Televisión de Galicia, e dirixida por Laura Mahía.

16:30h CINE Película e coloquio ‘Los Saldos’ (Acariño Films) 76 min + coloquio con Andrés Sanjurjo, produtor NRM 7 anos.

18:00h CINE Película e coloquio ‘+Cuñados’ (Portocabo) 90 min + coloquio con Luis Avilés, director. Apta para todos os públicos.

Programa completo de Culturgal

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies