‘Filmei Paxaros Voando’, o debut intimista da cineasta Zeltia Outeiriño abrirá a programación de cine da feira de industrias culturais Culturgal, que comeza este venres no Pazo da Cultura de Pontevedra. A proxección que será ás 19:00h no Pazo da Cultura de Pontevedra, con presenza de parte do equipo do filme. Ata o domingo tamén se proxectarán outras películas galegas como ‘Os espazos en branco’, ‘Aurora’, ‘As Neves’, ‘Bibopalula’, ‘Los Saldos’ ou ‘+Cuñados’.
Zeltia Outeiriño conta o seu regreso a Galicia para reflexionar sobre o desarraigo e os coidados no seu primeiro filme que ven de gañar unha mención especial no Festival L’Alternativa de Barcelona destacando “o honesto exercicio autobiográfico” que presenta.
Este será o segundo pase en Galicia de ‘Filmei Paxaros Voando’, despois de emocionar ao público de Cineuropa e gañar unha mención especial no Festival L’Alternativa de Barcelona na categoría Premio Film Nacional. O xurado destacou “la libertad con la que utiliza todos los recursos a su alcance y por proponer un honesto ejercicio autobiográfico y, al mismo tiempo, una emotiva reflexión sobre temas tan universales como los cuidados, el desarraigo y el duelo”.
É unha coproducción de Ringo Media e Sétima, un proxecto que a autora comenzou a desenvolver tras o seu paso polo máster de Documental Creativo da Universidad Pompeu Fabra e pasou polas iniciativas L’Alternativa Mentoring (2020), Novos Cinemas Lab (2020), Coming Soon Play Doc (2021), Acció Viver – Dones Visuals (2022), Vilnius Coming Soon (2023), Porto/Post/Doc: Film & Media Festival (2023).
‘Filmei paxaros voando’ conta co apoio de CRTVG, ICAA, AGADIC, Diputación A Coruña e LABED – Universitat Pompeu Fabra.