Para poder entrar e saír de ‘La Parra’, tan só existe unha porta á que non podemos acceder coa mirada, esta é a premisa da última película do director galego Alberto Gracia, producida pola nosa socia Fílmika Galaika e TASIO.
‘La Parra’ está protagonizada por Alfonso Míguez (‘Quien a hierro mata’, ‘Lobos sucios’), Pilar Soto, Lorena Iglesias (‘Alumbramiento’, ‘Gente en sitios’), y Emilio Buale (‘El hoyo’, ‘Adú’, ‘Madre. Amor y vida’).
‘La Parra’ recibiu o Gran Premio da Sección Alquimias na última edición da Seminci, onde se presentou en España tras o seu percorrido por festivais internacionais. Cegou ao público no Festival Internacional de Cinema de Róterdam, e tivo presenza en festivais como o New Films/New Directors de Nova York, premios no BAFICI de Buenos Aires ou mención especial no Festival Cinematográfico Internacional do Uruguai, antes da súa presentación en España. A película continuará o seu percorrido por festivais con selección en Marxes ou o Festival de Cinema de Xixón.
Sinopse
Damián participa nun concurso televisivo onde premian a literalidade. Colocáronlle o seu nome na camisa. Cando o programa vaise a publicidade, comeza a historia:
“Érase unha vez un home de mediana idade que vive de forma precaria nunha gran cidade. Ao recibir a noticia de que o seu pai morreu, ten que volver a Ferrol, a súa vila natal. Tras máis de vinte anos fóra, Ferrol converteuse nunha ruína que todo o atrapa.”