‘O soño da sultana’, de Isabel Herguera e produción de Chelo Loureiro (Abano Producións), candidata a ser nomeada ao Óscar

‘O soño da sultana’, de Isabel Herguera e produción de Chelo Loureiro (Abano Producións), candidata a ser nomeada ao Óscar

A película ‘O soño da sultana’, dirixida por Isabel Herguera e producida por Chelo Loureiro (Abano Producións), é unha das 31 producións que pode ser elixida para competir na recta final polo Óscar a mellor película de animación.

Ademais, o filme está dobremente nomeado pola Academia do Cinema Europeo, a mellor película europea e a mellor película de animación. ‘O soño da sultana’ xa foi recoñecida co Gran Premio Contrechamp do Festival de Annecy, o Gran Premio en Animafest Zagreb, o Premio Irizar ao Cinema Vasco e o World Animation do Festival de Bulgaria.

A película é un conto feminista indio escrito en 1905 por Rokeya Hussein. Inés é unha directora de animación española de 30 anos que está en Ahmedabad para romper co seu amante indio Àmàr. Casualmente entra nunha librería onde descobre ‘Sultana’sDream’, novela de Rokeya Hossain na que se fala dun país imaxinario gobernado por mulleres. Fascinada pola historia e a actitude transgresora da autora, Inés decide facer unha película. A partir deste intre a historia de Inés e a de Rokeya Hossain discorren paralelamente.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies