Un novo galardón para ‘Nena’, da produtora UNDODEZ

Un novo galardón para ‘Nena’, da produtora UNDODEZ

O filme Nena, da produtora UNDODEZ, socia de AGAPI, foi recoñecida con dous novos premios na XXVI Edición do Certame Internacional de Curtametraxes “Ciudad de Soria”, celebrada do 8 ao 17 de novembro de 2024. Un deles foi o Premio RC Service á Mellor Dirección de Fotografía, outorgado a Pedro Tizón, pero tamén o Premio PNR Ópera Prima á Mellor Curtametraxe Español, concedido pola Plataforma Nuevos Realizadores.

Este último galardón, que se entregou por primeira vez nesta edición, destaca a mellor obra inicial dun director ou directora no ámbito estatal, premiando o traballo de Xosé Antonio Touriñán e de Jairo Iglesias.

A curta, seleccionada entre 54 traballos procedentes de 14 países, destacou pola súa calidade visual nun evento que promove a curtametraxe como medio esencial de expresión audiovisual e a recoñece como unha parte imprescindible do cine.

Nena conta a historia dunha familia cambaleada pola morte da nai. A situación desestrutura o núcleo familiar e deixa a responsabilidade do mesmo a Nena, unha cativa de doce anos que, ante a falta de capacidades ao seu redor, asume un rol imposto e leva ás súas costas a supervivencia de tres homes.

Estes últimos recoñecementos súmanse a unha lista que xa supera as dúas cifras e que levou esta historia orixinal de Touriñán por festivais de todo o mundo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies