O vindeiro 15 de febreiro terá lugar a Gran gala da Chanfainalab

O vindeiro 15 de febreiro terá lugar a Gran gala da Chanfainalab

O vindeiro sábado, 15 de febreiro estréanse en primicia mundial, na Casa da Cultura de San Sadurniño 24 curtametraxes realizadas no marco da IX edición da Chanfainalab. A metade das pezas foron gravadas por cineastas galeg@s:  Irene Ávila Xosé Bocixa, Fon Cortizo, Fernando Cortizo, Eva Lareo, María Martelo, Carlos Martínez-Peñalver, Cora Peña, Héctor Pousa, Isabel Rei, Manuel Recouso, Álvaro Trigo e Andrea Zapata-Girau. A outra metade por afeccionados locais e a propia veciñanza de San Sadurniño: Ángela Arnosa, Bieito Beceiro, Fran da Lobeira, Kevin Lorenzo, Iago Lourido, Pablo Martínez, Anxo Pena, Cruz Piñón, Abel Vega e os colectivos A Rigueira, NaraíoMedia, Teño unha horta e The Sun Girls.

Todas as pezas foron producidas durante a fin de semana do 7 e 8 de setembro do 2024, asumindo o desafío de contar unha historia de estilo e formato libre no Concello de San Sadurniño. A gala da estrea será  conducida polo popular actor Fran Nogueira.

PREMIO “BERNARDINO DE LAMAS”

No decurso do acto outorgarase por vez primeira o premio “Bernardino de Lamas”, que pretende recoñecer a traxectoria dunha persoa viva que teña demostrado o seu compromiso coa creación audiovisual como cineasta non profesional ou amateur, ao marxe da industria, tanto nos seus aspectos estruturais, temáticos como narrativos.

Nesta primeira edición o xurado decidiu outorgarlle o premio ao escritor, profesor e cineasta Alberte Pagán, (Carballiño 1965): “pola súa prolífica traxectoria no ámbito do cinema experimental, na que abordou unha gran variedade de temas, linguaxes e técnicas ao longo de case sesenta pezas, producidas cos seus propios medios. A súa obra procura unha reflexión militante e antiacademicista sobre a paisaxe e o conflito social, político ou ecolóxico, tanto en Galicia como no resto do mundo”. Para a Chanfainalab é un orgullo recoñecer o talento dun dos máis sobranceiros creadores non profesionais do país..

Programa completo

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies