‘Filmei Paxaros Voando’ (Sétima) chega esta semana a Lugo, A Estrada, Ferrol e Santiago de Compostela

‘Filmei Paxaros Voando’ (Sétima) chega esta semana a Lugo, A Estrada, Ferrol e Santiago de Compostela

‘Filmei Paxaros Voando’, o debut intimista da cineasta Zeltia Outeiriño segue o seu camiño polas salas de Galicia.

Despois dunha estrea o día 31 en A Coruña, con presencia do equipo, o filme documental esgotou as entradas para o seu primeiro pase en Vigo, o pasado domingo 2 de febreiro. A directora Zeltia Outeiriño presentou a obra nunha cidade moi especial na súa historia, que a recibiu con entusiasmo e cariño. ‘Filmei Paxaros Voando’ poderase volver a ver na cidade os días 16, 17 e 18 de febreiro, no Muticines Norte.

Esta semana o filme documental chega ás salas de Lugo (6 de febreiro) e A Estrada (7 de febreiro), con presentación e coloquio coa productora Silvia Fuentes. En Santiago de Compostela (8 de febreiro) e Ferrol (9 de febreiro) a directora Zeltia Outeiriño será a encargada de presentar a obra ao público, e contará con coloquio ao rematar. Ademáis, o luns 10 de febreiro será a quenda de Ourense, un lugar moi relevante para Outeiriño xa que rodou na aldea de Bentraces parte do filme.

O filme documental, unha historia íntima sobre o desarraigo a través da historia familiar da directora, xa emocionou ao público no festival Cineuropa e  no Festival L’Alternativa de Barcelona, onde recibiu unha mención especial na categoría Premio Film Nacional.

‘Filmei Paxaros Voando’ é un delicado debut no que a cineasta reflexiona sobre o desarraigo, os coidados e a súa historia familiar. Outeiriño, que vive desde fai anos en Barcelona, regresou a Galicia para filmar este proxecto, unha logametraxe documental que toma como punto de partida recuperar a memoria do seu tío, o ourensán Antonio Outeiriño, artesán téxtil. Neste camiño encóntrase coa súa nai Socorro, unha muller moi diferente a ela que mostra a súa faceta máis artística a través da música – Socorro foi directora do coro do Centro Cívico de Coia-. O empeoramento na súa saúde abre un novo camiño de amor e coidados entre elas.

O documental poderase ver en:

  • Lugo – Códex Cinemas. Xoves 6 de febreiro –  con presencia do equipo
  • A EstradaVenres 7 de febreiro ás 19:00 – con presencia do equipo
  • Santiago de Compostela – Cine Numax. Sábado 8 de febreiro ás 19:40 – con presencia da directora
  • Ferrol – Cine Dúplex- Domingo 9 de febreiro ás 17:30 – con presencia da directora
  • Ourense – Cineclube Padre Feijoo – Luns 10 de febreiro ás 20:30 – con presencia da directora
  • Vigo – Multicines Norte – 16 de febreiro ás 17:30 con presencia da directora e días 17 e 18 (horario por confirmar)

É unha coproducción de Ringo Media e Sétima, un proxecto que a autora comenzou a desenvolver tras o seu paso polo máster de Documental Creativo da Universidad Pompeu Fabra e pasou polas iniciativas L’Alternativa Mentoring (2020), Novos Cinemas Lab (2020), Coming Soon Play Doc (2021), Acció Viver – Dones Visuals (2022), Vilnius Coming Soon (2023), Porto/Post/Doc: Film & Media Festival (2023).

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies