Webinar: ‘A importancia da script durante os procesos de rodaxe’

Webinar: ‘A importancia da script durante os procesos de rodaxe’

No último dos webinars orzanizados dentro da III edición do programa de asesoramento Agapi Impulsa Copros abordaremos con Alba Gallego o achegamento ao traballo dunha script nos procesos de rodaxe.

Nesta formación tratarase a importancia do proceso de preprodución: desgloses, desenvolvemento cronolóxico, cronograma, obxectivos de cada secuencia e revisión do guión. Tamén se revisarán as labores desta figura na rodaxe e posprodución en cuestións como o control da continuidade de todos os elementos que aparecen en pantalla, dende
o raccord emocional ata a iluminación, pasando polo control do guión, os saltos de eixe e de mirada, o raccord
en toma, a revisión do crono, os partes de montaxe e os partes de gravación diarios.

A cita será o vindeiro martes 21 de xaneiro en formato en liña.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies