Autor: agapi

Oliver Laxe competirá pola Palma de Ouro en Cannes

O 78º Festival de Cannes, que se celebra do 13 ao 24 de maio, contará con unha película de director galego na súa competición oficial. Oliver Laxe competirña pola Palma de Ouro en Cannes coa súa nova película ‘Sirat’. ‘Sirat’ é unha película orixinal Movistar Plus+ producida en colaboración con …

O proxecto de serie ‘The Interregnum’ (Abano producións) gaña o premio Seriesmakers no Séries Manía

A proposta de serie ‘The Interregnum’, proposta polo creador Simón Casal e a produtora Mariela Besuievsky que será producida por Abano, ambiéntase en 2031 e imaxina un mundo onde a Unión Europea se enfrenta a un referéndum histórico para aprobar un sistema de IA que reemplazaría aos xuíces humáns. Mentres …

Continúan as xornadas profesionais: ‘A produción independente galega’ polas Universidades e Escolas de Imaxe e Son

O pasado 18 de marzo arrincaron as xornadas profesionais ‘A produción independente galega’ na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, con Nati Juncal de Cósmica e Gael Herrera de Tamboura que falaron das diferenzas de producir para cine e para televisión. O día 20 foi a quenda …

Agapi participa no Taller de formulación MASAR AL AMAL

A Fundación Araguaney e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) organizan a formulación dun novo proxecto vinculado coas industrias culturais e o sector audiovisual. O proxecto MASAR Ao AMAL (do árabe “camiño de esperanza”) nace coa intención de converterse nun laboratorio de guion cun obxectivo claro: …

Xornada: Cine e educación, experiencias de Galicia e Portugal

O Consello da Cultura Galega organiza o vindeiro día 4 de abril unhas xornadas sobre ‘Cine e educación: experiencias de Galicia e Portugal’ que pretenden visibilizar e difundir dinámicas consolidadas de pedagoxía do cine nas aulas galegas, da primaria á universidade; tender pontes entre ensino e audiovisual profesional, grazas á …

Xornadas: ‘A produción independente galega’ para os futuros profesionais do sector audiovisual

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a través da Asociación Galega de Produtoras Audiovisuais (AGAPI) pon en marcha unhas xornadas formativas arredor do sector audiovisual dirixida ao alumnado das tres universidades galegas de Comunicación Audiovisual, e de catro centros formativos de Imaxe e Son de Galicia localizados nas catro …

Alfonso Zarauza recibirá o Premio Pedigree de honra no Festival de Cans

O Festival de Cans, que celebrará a súa XXII edición na aldea de O Porriño, entre o 20 e o 24 de maio, acordou conceder o seu Premio Pedigree de Honor ao cineasta e productor Alfonso Zarauza, coincidindo coa celebración dos seus 30 anos adicado ao audiovisual. Alfonso Zarauza (Santiago …

A Academia de Televisión organiza un almorzo informativo sobre ficción en Santiago de Compostela

A Academia de Televisión e das Ciencias e as Artes do Audiovisual en colaboración co Ministerio de Cultura organizan un encontro sobre ‘A ficción como motor da industria cultural’ en Santiago de Compostela. A cita será o día 11 de marzo ás 11h no Hotel Araguaney. A asistencia a este …

Encontro na USC: ‘Mulleres xornalistas, unha carreira de obstáculos’

A Asociación de oprnalistas de Santiago organiza un encontro de mulleres xornalistas para conmemorar o Día da Muller. A cita será o 7 de marzo ás 11.30h na Facultade de Ciencias da Comunicación celebraremos o ‘Encontro: Mulleres xornalistas, unha carreira de obstáculos’, con motivo da conmemoración do Día da Muller.’.