A AGAG (Asociación Galega de Guionistas) organiza o 13 de marzo un Encontro Virtual de Mulleres do Audiovisual. A cita terá lugar ás 12h en formato en liña e poderá seguirse na canle de Youtube da AGAG.
Está previsto que participen:
Arantza Villar, actriz e presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).
Alba Gallego, script, produtora e vogal da Academia Galega do Audiovisual (AGA).
Lidia Fraga, guionista, por parte da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG).
Silvia Fuentes, produtora e vogal da Asociación Galega de Productoras Independentes (AGAPI).
Mar Varela, xerente do Clúster Audiovisual Galego.
Ana Domínguez, directora do Festival S8 e secretaria da Coordinadora Galega de Festivais (Proxecta).
A moderación do encontro correrá a cargo de Ángela Andrada, guionista e actriz, ademais de presidenta de AGAG.
