Continúan as xornadas profesionais: ‘A produción independente galega’ polas Universidades e Escolas de Imaxe e Son

Continúan as xornadas profesionais: ‘A produción independente galega’ polas Universidades e Escolas de Imaxe e Son

O pasado 18 de marzo arrincaron as xornadas profesionais ‘A produción independente galega’ na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, con Nati Juncal de Cósmica e Gael Herrera de Tamboura que falaron das diferenzas de producir para cine e para televisión.

O día 20 foi a quenda da Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV) na que Roi Carballido de Filmika Galaika abordou os retos de Producir en coprodución e Mercedes G. Nieto de M International Communication falou sobre a produción en televisión.

O día 25 as xornadas seguiron na Tic-Escola Imaxe e Son de Lugo coa experiencia de Simone Saibene de Noveolas e Suso López de Gaita Filmes que falaron sobre a súa experiencia como produtores executivos con exemplos concretos dos seus filmes.

A CIFP A Farixa de Ourense acolleu as xornadas o día 26 coas intervencións de Alba Gallego de Kraken Media sobre a importancia do traballo da script e Sara Horta de Índigena Films sobre a narrativa de contar historias desde o local para unha audiencia internacional.

O día 28 as xornadas continuaron o seu percorrido na Facultade de Comunicación de Pontevedra con Alba Gallego para falar da importancia do traballo da script.

Xa en abril será a quenda o día 1 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da Coruña de Chelo Loureiro de Abano Producións que abordará o tema de producir animación e Felipe Lage Coro que falará sobre a produción de cine.

As xornadas rematarán o día 2 no CIFP Imaxe e Son tamén da Coruña coas intervencións de Alba Prol de Meteórica que falará sobre producir para televisión e Héctor Carré de Sun Lúa que achegará a súa visión da produción e do guión.

As xornadas están financiadas en virtude da colaboración establecida entre o ICAA e a Axencia Galega das Industrias Culturais. Baixo o título de ‘Xornadas Profesionais: A produción independente galega’, teñen como obxectivo achegar aos futuros profesionais do eido audiovisual un contacto directo co sector a través de persoas referentes con diferentes perfís e cargos dentro do mesmo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies