A proposta de serie 'The Interregnum', proposta polo creador Simón Casal e a produtora Mariela Besuievsky que será producida por Abano, ambiéntase en 2031 e imaxina un mundo onde a Unión Europea se enfrenta a un referéndum histórico para aprobar un sistema de IA que reemplazaría aos xuíces humáns. Mentres os directores de campaña do Sí e do Non loitan pola victoria, un oscuro secredo sobre o falecido creador da IA ameaza con trastocar no só as eleccións, senón tamén as súas propias conviccións. Series Mania é un festival internacional didicado a series de televisión que se celebra cada ano en Lille (Francia). 'The Interregnum' vén de ser recoñecida co premio Seriesmakers neste festival. O premio, apoiado pola produtora e vendedora alemá Beta Group, inclúe unha bolsa de 50.000 € e a oportunidade de colaborar coa División de Contido e Coprodución de Beta para converter a proposta de serie nun proxecto de desenvolvemento completo, que inclúe un guion piloto. “Os creadores de The Interregnum impresionaron con un thriller político que reflicte a complexidade dalgúns dos problemas máis urxentes do noso tempo: a intelixencia artificial e a xustiza”, declarou Ferdinand Dohna, director de Contido e Coprodución de Beta. “Os múltiples aspectos destos temas nárranse nun thriller apasionante que presenta o tictac dun referéndum ficticio sobre a UE, onde o espectador debe decidir a súa postura”.