O 78º Festival de Cannes, que se celebra do 13 ao 24 de maio, contará con unha película de director galego na súa competición oficial. Oliver Laxe competirña pola Palma de Ouro en Cannes coa súa nova película ‘Sirat’. ‘Sirat’ é unha película orixinal Movistar Plus+ producida en colaboración con El Deseo, Filmes Da Ermida, Uri Films e 4A4 Productions. O filme conta ademais co apoio de RTVE e do fondo Eurimages, xa que é unha coprodución de España e Francia.
Trátase da cuarta longametraxe de Laxe, que participou con todos os seus anteriores filmes nas seccións paralelas do certame e foi premiado en todas as ocasións: ‘O que arde’ (Premio do Xurado da sección Un Certain Regard), ‘Mimosas’ (Gran Premio da Semana da Crítica) e ‘Todos vós sodes capitáns’ (a súa primeira película, que lle valeu o Premio FIPRESCI da Quincena de Realizadores).
O filme está escrito por Oliver Laxe e Santiago Fillol (coguionista tamén xunto a Laxe de ‘O que arde’ e ‘Mimosas’), e protagonizado por Sergi López e Bruno Núñez (‘La Mesías’) xunto a Stefania Gadda, Joshua Liam Herderson, Tonin Javier, Jade Ouki e Richard Bellamyun.
‘Sirat’ é a película máis complicada para Laxe ata o momento, segundo comentou o propio director, unha rodaxe intensa e épica que transcorreu en diversas localizacións de Aragón (arredores de Teruel e Zaragoza) e en Marrocos, pasando de filmar a varios graos baixo cero nas noites aragonesas á calor extrema do Sahara no verán.

“Logramos algo que ten moitísimo mérito, ser unha das vinte e poucas películas que formarán parte da competición nesta edición histórica para a cinematografía española, un grupo no que aparecen cineastas lexendarios como Julia Ducournau, Richard Linklater, ou os irmáns Dardenne. E facémolo coa que creo que é a miña película máis aberta/comercial e radical por igual. Pasaron 15 anos desde a miña primeira participación en Cannes, estou moi agradecido a todos os que me acompañaron ao longo de todos estes anos”, declarou Oliver Laxe.
No equipo técnico destacan Oriol Maymó (‘La liña invisible’) na dirección de produción, Mauro Herce na dirección de fotografía (Premio Goya á Mellor Fotografía por ‘O que arde’), Laia Ateca (‘La abuela’) na dirección de arte, Nadia Acimi (‘O que arde’, ‘Mimosas’) no deseño de vestiario e o músico Kangding Ray, como compositor da banda sonora, entre outros.
Tras o seu paso polo Festival de Cannes, a película estrearase nos cinemas de España o próximo 6 de xuño distribuída por Bteam Pictures. The Match Factory, compañía que liderou a distribución internacional de recoñecidos cineastas como Wim Wenders, Aki Kaurismäki, Alice Rohrwacher, Marco Bellocchio, Lucrecia Martel, Fatih Akin ou Michel Franco, entre outros, encárgase das vendas internacionais de ‘Sirat’.
Xunto a Laxe, competirá pola Palma de Ouro a catalá Carla Simón, con ‘Romería’, a súa terceira longametraxe tras ‘Alcarràs’ e ‘Estiu 1993’. Rodada en diferentes localizacións de Vigo, a película está producida por María Zamora, para Elastica, para Elastica, que tamén a distribuirá en cinemas, o 5 de setembro.
‘Romería’ é unha produción de Elastica en coproducción con Ventall Cinema (Alemania), Dos Soles Media y Romería Vigo, A.I.E. Cuenta con la financiación del Gobierno de España, Eurimages, l’Institut Català de les Empreses Culturals, cofinanciado por la Unión Europea con la subvención de la Axencia Galega das Industrias Culturais – Xunta de Galicia, Filmförderungsanstalt (FFA), MOIN Filmförderung, Europa Creativa MEDIA, Comunidad de Madrid, Radio Televisión Española, Movistar Plus+, ZDF/ARTE, Netflix, 3Cat, Corporación Radio e Televisión de Galicia, mk2 films, Ad Vitam, The Post Republic y Piffl Medien. MK2 encargarase das vendas internacionais.