Alfonso Zarauza recibirá o Premio Pedigree de honra no Festival de Cans

Alfonso Zarauza recibirá o Premio Pedigree de honra no Festival de Cans

O Festival de Cans, que celebrará a súa XXII edición na aldea de O Porriño, entre o 20 e o 24 de maio, acordou conceder o seu Premio Pedigree de Honor ao cineasta e productor Alfonso Zarauza, coincidindo coa celebración dos seus 30 anos adicado ao audiovisual.

Alfonso Zarauza (Santiago de Compostela, 1973) é un cineasta clave na historia recente do cinema en Galicia. Representa unha correa de transmisión entre as orixes do cinema galego contemporáneo e a corrente do Novo Cinema Galego, con xéneros que van desde a ficción ata o documental, pasando polos videoclips e, sobre todo, as curtametraxes, onde se forxou como cineasta.

O compostelán é autor de obras como “Ons”,“Encallados” ou “Os fenómenos”, filme co que percorreu máis de trinta festivais. Debutou na longametraxe con “A Noite que deixou de chover” (2008), protagonizada por Luis Tosar, con quen forxou unha sólida relación profesional. O actor é un rostro habitual dos seus filmes.

O Festival de Cans quere recoñecer a traxectoria deste director e produtor cuxas películas pasaron por festivais de relevancia como a Seminci, o Festival de Cine Europeo de Sevilla ou o Festival de Málaga. Zarauza sempre amosou nos seus filmes unha especial sensibilidade polas temáticas sociais e pola lingua galega como ferramenta para comunicar o seu cinema por todo o mundo, loitando porque fosen estreadas nas salas en V.O. en galego.

Ademáis este Premio Pedigree tamén quere recoñecer a labor de Zarauza como produtor e coguionista doutros proxectos como “Arima”, primeiro filme de Jaione Camborda, ou filmes de cineastas galegos máis novos, coma Ángel Santos, Lois Patiño, Cesar Souto ou Luis Avilés, ao tempo que segue a súa aposta persoal por directoras noveis como Ledicia Sola.

A concesión do galardón foi decidida pola asamblea de Asociación Cultural Arela, organizadora do festival. Zarauza releva na máxima distinción en Cans a actriz María Vázquez, quen recibiu o premio o ano pasado. Además da concesión do premio, o cineasta colocará a súa estrela no Torreiro das Estrelas de Cans o venres 23 de maio, á beira doutros homenaxeados como Jorge Coira, Luis Zahera, Luis Tosar ou Margarita Ledo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies