Autor: agapi

Agapi abre a convocatoria da IV edición de AGAPI IMPULSA COPROS

Agapi presenta a convocatoria para a IV Edición de AGAPI IMPULSA COPROS, o noso programa gratuíto de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión. AGAPI IMPULSA COPROS está dirixido a creadores e creadoras menores de 30 anos que teñan entre mans un …

Faladoiro ‘Agapi Impulsa’ o día 21 no Festival de Cans

O día 21 terá lugar un faladoiro sobre o laboratorio ‘Agapi Impulsa’ no Festival de Cans. As persoas participantes da III Edición mostrarán algunhas imaxes sobre o estado dos seus proxectos e compartirán co público a súa experiencia logo de ter participado nas mentorías acompañados por produtoras experimentadas. Participarán do …

Arrinca a rodaxe de ‘Monstro’, a nova película de Andrés Goteira coprotagonizada por “Morris” e Iván Marcos

A pasada semana púxose en marcha a rodaxe de Monstro; a nova película de Andrés Goteira, un director que xa obtivo numerosos éxitos neste xénero coa súa opera prima ‘Dhogs’. ‘Monstro’ é unha viaxe á fantasía, ao silencio e ao misterio. Un home chega a unha casa illada en plena …

Tex45 estrea o programa ‘Desafíos Criminais’, domingo 11 ás 21.55h na TVG

O domingo 11 de maio, ás 21:55h, chega á Televisión de Galicia unha nova produción de Tex45, ‘Desafíos Criminais’. Un docushow procedemental que nos mergulla nas investigacións reais máis complexas da Garda Civil en Galicia. Crimes sen resolver, probas esquivas, xiros inesperados… e a incansable loita por atopar a verdade. …

Ainé leva aos escenarios o espectáculo musical da serie infantil ‘Bibopalula’

A produtora galega Ainé anunciou na Coruña a estrea o vindeiro 7 de xuño do seu novo espectáculo teatral, Bibopalula, un musical infantil que levará aos escenarios a serie de animación homónima. Xira galega durante o mes de xuño No caso de Bibopalula, a súa versión teatral ofrece unha proposta …

Luns na Filmoteca – Galicia ProFilme: encontro con Lara Pérez-Camiña e Enrique Costa (ADICINE)

Inscrición aberta para o Luns na Filmoteca do mes de maio. O novo ciclo de sesións profesionais Galicia ProFilme en colaboración coa Filmoteca de Galicia, no que se abordan os diferentes aspectos a ter en conta no lanzamento, difusión e distribución dunha película cinematográfica, terá lugar o vindeiro 5 de maio, ás 16,30 horas, na …

Trinta anos de creación audiovisual de Alfonso Zarauza

O 24 de febreiro do ano 1995 estreábase no Cine Valle-Inclán de Santiago de Compostela a curtametraxe ‘Hay que joderse’, detrás daquel traballo amador había dous nomes: Pablo Iglesias Rendo (Santiago, 1977) e Alfonso Zarauza (Santiago, 1973). Co gallo do trinta aniversario daquel intre o hoxe recoñecido realizador Alfonso Zarauza …

Galicia ProFilme: encontro con Peter Andermatt e Lidia Fraga

Nova sesión de GALICIA PROFILME: Xoves 24 de abril Cidade da Cultura de Galicia. Edificio CINC (Auditorio 2). Monte Gaiás s/n. Santiago e Compostela MEDIA ou como navegar as augas do mercado internacional sen afundirse Cun especial enfoque na animación e os videoxogos, sen deixar de lado a ficción para cine e …