O domingo 11 de maio, ás 21:55h, chega á Televisión de Galicia unha nova produción de Tex45, ‘Desafíos Criminais’.
Un docushow procedemental que nos mergulla nas investigacións reais máis complexas da Garda Civil en Galicia. Crimes sen resolver, probas esquivas, xiros inesperados… e a incansable loita por atopar a verdade.
Trece episodios. Trece desafíos. Unha única misión: entender como se chega ata a solución.
