Ainé leva aos escenarios o espectáculo musical da serie infantil ‘Bibopalula’

Ainé leva aos escenarios o espectáculo musical da serie infantil ‘Bibopalula’

A produtora galega Ainé anunciou na Coruña a estrea o vindeiro 7 de xuño do seu novo espectáculo teatral, Bibopalula, un musical infantil que levará aos escenarios a serie de animación homónima.

Xira galega durante o mes de xuño

No caso de Bibopalula, a súa versión teatral ofrece unha proposta inédita en Galicia, pensada para a cativada de entre 4 e 8 anos, cunha produción de gran formato, musical e con moitas sorpresas en cada unha das funcións programadas ata o momento na Coruña (Teatro Colón, 7 de xuño), Santiago de Compostela (Auditorio Abanca, 8 de xullo), Pontevedra (Auditorio Sede Afundación, 14 de xuño), Vilalba (Auditorio Carmen Estévez Eguiagaray, 15 de xuño), Verín (Auditorio Municipal, 21 de xuño), Vigo (Teatro Afundación, 22 de xuño), Cee (Auditorio Baldomero Cores, 28 de xuño) e Ourense (Auditorio Municipal, 29 de xuño).

Marta Lado dirixe e asina a dramaturxia desta proposta, que supón ademais a primeira incursión no teatro infantil de Ainé. Lidia Veiga, recente Premio María Casares á mellor actriz protagonista, encabeza un elenco do que tamén forman parte Cristina Andrade, Graciela Carlos, Sara Ferro e Nerea Rodríguez nos papeis das personaxes da Banda do Bosque.

O equipo complétase con Martina Cambeiro no deseño de vestiario e o apoio á dirección, Santi Jul e Iván Laxe na musicalización e ambientación sonora, Gonzalo Porteiro no deseño de iluminación, e Laura Mahía e Banale na dirección de arte.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies