Galicia ProFilme: encontro con Peter Andermatt e Lidia Fraga

Galicia ProFilme: encontro con Peter Andermatt e Lidia Fraga

Nova sesión de GALICIA PROFILME:

Xoves 24 de abril

Cidade da Cultura de Galicia. Edificio CINC (Auditorio 2). Monte Gaiás s/n. Santiago e Compostela

  • 16,30 h 

MEDIA ou como navegar as augas do mercado internacional sen afundirse

Cun especial enfoque na animación e os videoxogos, sen deixar de lado a ficción para cine e televisión, PETER ANDERMATT, director da Oficina MEDIA España, abordará as oportunidades que ofrece o programa MEDIA a profesionais de empresas do sector audiovisual.

Nun exercicio práctico, ofrecerase un método para medir o potencial de internacionalización de calquera proxecto ou produtora. Tamén se explicará como poder colaborar coas oficinas MEDIA e optimizar o uso deste programa europeo

  • 18,00 h 

Plataforma de networking en liña para guionistas do European Writers Club (EWC)

Coa participación da guionista galega LIDIA FRAGA, debullarase o uso desta nova ferramenta de traballo, así como outras vantaxes que ofrece este programa europeo, que conta coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, como membro fundador e actual socio estratéxico.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies