Luns na Filmoteca con Saioa Riba

Luns na Filmoteca con Saioa Riba

O luns 28 a Filmoteca de Galicia contará coa presenza de Saioa Riba, responsable da área de Industria do Festival Internacional de Cine de San Sebastián. Será na Sala José Sellier a partir das 16h. 

En este encontro, as persoas interesadas poderán coñecer de primeira man as oportunidades que ofrece o Industry Club e tamén como preparar a participación neste foro, que se consolida como un dos máis destacados de Europa. O Industry Club é un dos eventos incluídos nas axudas da Agadic á participación en mercados, que están abertas neste momento.

Agradécese a confirmación de asistencia no correo electrónico audiovisual.agadic@xunta.gal. Tamén se pode solicitar cita previa coa convidada para consultas individuais escribindo a este mesmo mail. A axenda de reunións establecerase por orde de solicitude.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies