Autor: agapi

‘O soño da sultana’, de Isabel Herguera e produción de Chelo Loureiro (Abano Producións), candidata a ser nomeada ao Óscar

A película ‘O soño da sultana’, dirixida por Isabel Herguera e producida por Chelo Loureiro (Abano Producións), é unha das 31 producións que pode ser elixida para competir na recta final polo Óscar a mellor película de animación. Ademais, o filme está dobremente nomeado pola Academia do Cinema Europeo, a …

AuGAL. Master Class Audiovisual Galego 2024-2025: inscrición

Un curso máis, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo colaboran na organización de AuGAL Master Class do Audiovisual Galego para afondar nos procesos creativos e técnicos do cinema e a televisión, co foco posto na máis recente …

Conecta Lab 2025: inscricións ata o 20 de decembro

A Axencia Galega das Industrias Culturais colabora nunha nova edición de Conecta Lab,a residencia de escrita cinematográfica organizada por CREA Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización, que terá lugar do 3 ao 9 de abril de 2025 na illa de San Simón (Redondela). Ábrese do 20 de novembro …

Un novo galardón para ‘Nena’, da produtora UNDODEZ

O filme Nena, da produtora UNDODEZ, socia de AGAPI, foi recoñecida con dous novos premios na XXVI Edición do Certame Internacional de Curtametraxes “Ciudad de Soria”, celebrada do 8 ao 17 de novembro de 2024. Un deles foi o Premio RC Service á Mellor Dirección de Fotografía, outorgado a Pedro …

Agapi colabora co Festival Internacional de Cine de Xixón nunhas xornadas formativas sobre coprodución

A Asociación LLuces organiza en colaboración co FIXPro do Festival Intenacional de Cine de Xixón unha Xornada de coprodución cinematográfica que conta coa participación de Agapi. O produtor Manoel Roi Carballido da empresa Filmika Galaika participa mañá, xoves 21, neste interesante encontro con produtores doutros territorios. A cita será a …

Comunicado: A Mesa do Audiovisual Galego comprométese cun audiovisual na nosa lingua

A Coruña, luns 11 de novembro de 2024 | As asociacións que integramos a Mesa do Audiovisual Galego reunímonos o pasado 7 de novembro no marco do Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA), que dedicou a súa segunda edición á intersección entre a diversidade lingüística e o medio audiovisual. …

Agapi organiza en colaboración co Festival Cineuropa unhas xornadas presenciais sobre financiamento audiovisual

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, no marco do Festival Cineuropa unhas xornadas formativas sobre financiamento na produción audiovisual. Baixo o título ‘Novas solucións de financiamento para a produción audiovisual’ os asistentes poderán coñecer de primeira man as novidades e solucións …

O programa ‘Fila 1. Butaca G’, producido por Tamboura, xa está disponible na web de Agalega

Este 24 de outubro a web Agalega.gal, espazo en liña da Televisión de Galicia, estreaba unha nova proposta teatral ‘Fila 1. Butaca G‘, un programa que presenta adaptacións á linguaxe televisiva de oito montaxes teatrais de compañías galegas. Tamboura Films foi a encargada de levar adiante esta produción pioneira no …

‘Prefiro condenarme’, o novo filme de Margarita Ledo, chega aos cines o 22 de novembro

O novo filme de Margarita Ledo ‘Prefiro condenarme’, producido por Nós, Produtora Cinematográfica Galega, chegará ás salas comerciais o vindeiro 22 de novembro. Na película visibilízase a loita feminina pola liberdade e a igualdade a través da vida dunha mariscadora. ‘Prefiro condenarme’ preséntase tamén como un retrato da resistencia afectiva …

Agapi organiza en colaboración co Concello de Pontevedra e os Premios Feroz unha mesa de debate sobre as mulleres na produción

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza en colaboración co Concello de Pontevedra e os Premios Feroz para falar sobre a visión das directoras e produtoras no escenario actual. Baixo o título ‘Mulleres que contan’, Chelo Loureiro de Abano Producións, Sonia Méndez de Cósmica e Sara Horta de Indígena Films …