Agapi organiza en colaboración co Festival Cineuropa unhas xornadas presenciais sobre financiamento audiovisual

Agapi organiza en colaboración co Festival Cineuropa unhas xornadas presenciais sobre financiamento audiovisual

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, no marco do Festival Cineuropa unhas xornadas formativas sobre financiamento na produción audiovisual.

Baixo o título ‘Novas solucións de financiamento para a produción audiovisual’ os asistentes poderán coñecer de primeira man as novidades e solucións profesionais que ofrece Egeda (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales). A cita será o vindeiro xoves 14 de novembro na Zona C situada no Preguntoiro, 1 de Santiago de Compostela.

As xornadas arrincarán ás 10.30h co seguinte programa:

  • 10.30h. Benvida. Felipe Lage Coro, presidente de Agapi
  • 10.35h.-11.15h.A profesionalización do sector: AGAPI e Egeda. Por: Uxía Caride, xerente AGAPI e Jesús Prieto, EGEDA
  • 11.15h.-11.30h. Platino Empleo. Por: Rafael Sánchez, EGEDA
  • 11.30h.-12h. Plataforma de financiación SEGO Creative. Por: Jesús Prieto e Carlos Antón, EGEDA.
  • 12-12.30h. Quenda de preguntas e clausura.

A asistencia será de balde ata completar aforo pero precisará dunha inscrición previa que poderá realizarse no formulario

PROGRAMA

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies