A Axencia Galega das Industrias Culturais colabora nunha nova edición de Conecta Lab,a residencia de escrita cinematográfica organizada por CREA Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización, que terá lugar do 3 ao 9 de abril de 2025 na illa de San Simón (Redondela).
Ábrese do 20 de novembro ao 20 de decembro de 2024 o prazo de inscrición para proxectos de longametraxe de ficción e non-ficción e para series de televisión.
CREA seleccionará seis proxectos para participar na residencia, que nesta edición estará só aberta a proxectos galegos.