‘Prefiro condenarme’, o novo filme de Margarita Ledo, chega aos cines o 22 de novembro

‘Prefiro condenarme’, o novo filme de Margarita Ledo, chega aos cines o 22 de novembro

O novo filme de Margarita Ledo ‘Prefiro condenarme’, producido por Nós, Produtora Cinematográfica Galega, chegará ás salas comerciais o vindeiro 22 de novembro.

Na película visibilízase a loita feminina pola liberdade e a igualdade a través da vida dunha mariscadora. ‘Prefiro condenarme’ preséntase tamén como un retrato da resistencia afectiva na dictadura.

A obra vén de ser seleccionada para a sección Novas Ondas do Festival de Cine Europeo de Sevilla, no que celebrará a súa estrea internacional o 9 de novembro.

Xa se pode ver o tráiler aquí.