‘Prefiro condenarme’, o novo filme de Margarita Ledo, chega aos cines o 22 de novembro
O novo filme de Margarita Ledo ‘Prefiro condenarme’, producido por Nós, Produtora Cinematográfica Galega, chegará ás salas comerciais o vindeiro 22 de novembro. Na película visibilízase a loita feminina pola liberdade e a igualdade a través da vida dunha mariscadora. ‘Prefiro condenarme’ preséntase tamén como un retrato da resistencia afectiva …