Agapi organiza en colaboración co Concello de Pontevedra e os Premios Feroz unha mesa de debate sobre as mulleres na produción

Agapi organiza en colaboración co Concello de Pontevedra e os Premios Feroz unha mesa de debate sobre as mulleres na produción

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza en colaboración co Concello de Pontevedra e os Premios Feroz para falar sobre a visión das directoras e produtoras no escenario actual.

Baixo o título ‘Mulleres que contan’, Chelo Loureiro de Abano Producións, Sonia Méndez de Cósmica e Sara Horta de Indígena Films compartirán as súas visións nun debate moderado por Uxía Caride, xerente de Agapi.

A cita será o mércores 6 de novembro na planta baixa da Facultade de Comunicación de Pontevedra ás 12h.

XORNADA ‘MULLERES QUE CONTAN‘

Facultade de Comunicación Uvigo, Pontevedra. Planta Baixa.

6 de novembro 2024

  • 12h. Benvida.
  • 12h.-13h. Mesa de debate: ‘Mulleres que contan’
    • Por: Sonia Méndez, directora de ‘As Neves’ e socia de Cósmica e Chelo Loureiro, produtora en Abano Producións e Sara Horta, produtora en Indígena Films.
      • Modera: Uxía Caride, xerente AGAPI.
  • 13h.-13.15h. Quenda de preguntas.