Autor: agapi

‘Eles transportan a morte’, producida por Filmika Galaika, poderá verse en Galicia no Festival de Cine de Ourense

Logo da súa estrea mundial no Festival de Venecia, o filme ‘Eles transportan a morte’ dirixido por Helena Girón e Samuel Delgado, poderá verse en Galicia dentro da programación da 26º edición do Festival de Cine de Ourense que terá lugar dos días 24 de setembro a 2 de outubro. …

A produción independente alza a súa voz contra Lei Xeral de Comunicación Audiovisual

Os produtores independentes séntense desamparados e en grave perigo coa inminente aprobación da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, que adaptará a España a Directiva Europea de Servizos de Comunicación Audiovisual de 2018. En opinión dos produtores, a redacción actual deste Anteproxecto de lei dinamitará nuns poucos anos o patrimonio cultural …

A nova curta de Xacio Baño, ‘Augas Abisais’ (producida por Rebordelos), poderá verse no Play-Doc Festival

O Play-Doc Festival celebra a súa 17º edición entre o 22 e 26 de setembro. Entre as curtametraxes a concurso da sección galega poderá verse o último traballo de de Xacio Baño, producido pola empresa Rebordelos, que leva por título ‘Augas Abisais’. As entradas xa están dispoñibles no link.

O filme de ficción ‘Eles transportan a morte’ (Filmika Galaika) e o documental ‘No somos nada’ (Tamboura Films) estréanse no Festival de San Sebastián

O pasado 17 de setembro arrincou a edición número 69 do Festival Internacional de Cine de San Sebastián que un ano máis conta con presenza de títulos galegos na súa programación. Trátase do filme de ficción ‘Eles transportan a morte’, dirixido por Helena Girón e Samuel M. Delgado, producido por …

O novo filme de Alfonso Zarauza, ‘Malencolía’, producido por Maruxiña Film Company, abrirá o Festival de Cine de Ourense

O vindeiro venres 24 de setembro, ás 20.30h terá lugar a inauguración da XXVI edición do Festival de Cine de Ourense que contará coa nova película de Alfonso Zarauza, ‘Malencolía’ para a súa apertura. O filme galego foi rodado no Carballiño é a sexta película de Alfonso Zarauza. Está producida …

A serie producida por Portocabo ‘Auga Seca’ e a película ‘A illa das mentiras’, de Agallas Films, gañadoras no Celtic Media Festival

A ficción galega recibiu o pasado xoves un novo recoñecemento internacional. A serie producida por Portocabo “Auga Seca” e a película producida por Agallas Films “A illa das mentiras”, resultaron premiadas nos Premios Celtic Media 2021, nas categorías de mellor serie e mellor película, respectivamente. “A illa das mentiras” impúxose na súa categoría ás …

Premio á contribución técnica da Semana da Crítica de Venecia para o filme ‘Eles transportan a morte’

Logo da súa estrea mundial, o filme dirixido por Helena Girón e Samuel Delgado, ‘Eles transportan a morte’ vén de ser recoñecido co Premio á contribución técnica Mario Serandrei-Hotel Saturnia na Semana da Crítica de Venecia. Esta película, producida por Filmika Galaika, contou no proceso de mestura de son coa …

O documental ‘No somos nada’ competirá polo Premio Irizar ao Cine Vasco no 69 Festival de Cine de San Sebastián e inaugurará ZINEMIRA

A película ‘NO SOMOS NADA/ WE ARE NOTHING’, de Javier Corcuera, -galardoado cun Goya, unha Biznaga de Prata en Málaga e unha Mención Especial do Xurado Fipresci en San Sebastián (Zabaltegi-New Directors, 2000)-, foi seleccionada para participar a concurso na Sección Zinemira da 69 edición do Festival de Cinema Internacional …

‘O corno do centeo’ de Jaione Camborda estará no Toronto Filmmaker Lab

A directora e produtora Jaione Camborda (Esnatu Zinema) vén de ser seleccionada polo Toronto Filmmaker Lab para participar co seu novo proxecto ‘O corno no centeo’, logo do seu paso pola IV edición de La Incubadora de ECAM. Producida por Andrea Vázquez (Miramemira), Esnatu Zinema e Bando a parte, ‘O …

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies