A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) vén de pechar o prazo de participación e recepción de proxectos para a III Edición do AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuito de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión.
Foron un total de 21 proxectos recibidos, dos cales 5 serán os elixidos para formar parte do programa de mentoría.
O comité de preselección, formado nesta III edición por: Raúl García de Meteórica Cine, Pilar Abades de Illa Bufarda e Javi Lopa de Undodez será o encargado de analizar e anunciar os proxectos seleccionados.
Este anuncio farase público o día 17 de outubro na nosa web e redes sociais.