AGAPI presenta os mentores que acompañarán aos futuros proxectos seleccionados na III Edición de AGAPI IMPULSA COPROS

AGAPI presenta os mentores que acompañarán aos futuros proxectos seleccionados na III Edición de AGAPI IMPULSA COPROS

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) escolleu cinco profesionais de recoñecido prestixio dentro da produción executiva de Galicia para asesorar como mentores e mentoras aos cinco proxectos seleccionados na III edición do AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuíto de asesoría personalizada para mellorar e orientar no financiamento de proxectos de coprodución para cinema e televisión.

Este grupo de mentores e mentoras de dilata experiencia e traxectoria estará formado por: Nati Juncal (Cósmica Producións), Sara Horta (Indígena Films), Silvia Fuentes (Sétima), Suso López (Gaita Filmes) e Xacio Baño (Rebordelos). 

O prazo de presentación para participar na III Edición do AGAPI IMPULSA COPROS remata o vindeiro domingo 6 de outubro. A resolución da convocatoria anunciarase o día 17 de outubro.

Estas titorías de mentoring levaranse adiante desde este mesmo outubro ata xaneiro de 2025 co obxectivo de lograr un impacto de resultados positivos que permita materializar os proxectos.

AGAPI IMPULSA COPROS conta co financiamento do AGADIC a través da liña de Subvencións para laboratorios, incubadoras e residencias de creación ou desenvolvemento de proxectos audiovisuais, do ano 2024.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies