A produción independente española preocupada pola deriva do sector audiovisual

A produción independente española preocupada pola deriva do sector audiovisual

A incerteza na estrutura da Corporación de RTVE, o atraso na posta en marcha da nova Lei do Cinema e a Cultura Audiovisual e as melloras aínda pendentes en materia de Incentivos Fiscais, foron os temas clave tratados no II Encontro Estatal dos Produtores Independentes españois.

No marco da 29ª edición do Festival Internacional de Cinema de Ourense (OUFF) celebrouse o II Encontro Estatal da Plataforma Audiovisual de Produtoras (PAP), a agrupación de Federacións e Asociacións de Produtoras Independentes que representa a preto de 700 empresas.

Durante tres días, os participantes analizaron a situación actual do sector audiovisual compartindo a súa inquietude pola escasa operatividade das Administracións e Organismos Públicos, onde se advirte unha falta de estratexia clara para o futuro.

Especialmente preocupante é a situación actual de RTVE. A inestabilidade do ente público, ocasionada polo bloqueo permanente e a volatilidade nos equipos directivos, está a xerar incerteza na industria. PAP insiste na necesidade urxente dunha mesa de traballo cos responsables dos distintos departamentos para trazar liñas de acción comúns e estables entre a canle e a produción independente española.

Os representantes das empresas produtoras advirten que normativas en negociación, como a aprobación da nova Lei do Cinema e a Cultura Audiovisual anunciada polo Ministro de Cultura, Ernest Urtasun, na súa chegada ao cargo, corren o risco de quedar obsoletas antes de ser aprobadas. Abriuse un novo contexto marcado polo impacto da intelixencia artificial, a diversificación de pantallas e os cambios nos hábitos de consumo das audiencias, que esixe abordar o novo escenario de forma conxunta blindando a produción independendiente.

Doutra banda, a esperada renovación do modelo de Axudas do ICAA, que foi obxecto de múltiples reunións de análises, segue sen poñerse en marcha pero desde PAP confían na predisposición da Dirección Xeral do ICAA, con Ignasi Camós á fronte, para comezar as reunións co sector neste último trimestre do ano.

En materia de fiscalidade, o sector segue á espera dunha mellora longamente anunciada nos incentivos fiscais para o territorio de réxime común co obxectivo de incrementalos e garantir o seu correcto funcionamento. A pesar de todo, as produtoras independentes continúan traballando de maneira coordinada e unida, esperando progresar na negociación coas Administracións.

A Plataforma PAP, que agrupa ao 90% da produción independente española, está composta por preto de 700 empresas distribuídas por todo o territorio, agrupadas nas seguintes entidades:

• AECINE: Asociación Estatal de Cine.

• DIBOOS: Federación Española de Produtoras de Animación e Efectos Visuais.

• MAPA: Federación territorial composta por 10 Asociacións de Produtoras Independentes de diferentes Comunidades Autónomas, entrelas AGAPI, anfitrioa do encontro.

• PIAF: Federación de Asociacións de Produtoras Independentes, formada por 7 asociacións de diferentes Comunidades Autónomas.

• PROA: Federación de Asociacións de Produtoras Estatais, integrada por 7 asociacións (5 sectoriais e 2 adheridas a outras Comunidades Autónomas).

• PROFILM: Asociación de Produtoras que prestan servizos a rodaxes internacionais en España.

De izquierda a derecha: Felipe Lage Coro (AGAPI/MAPA), Ignacio Rotaeche (PIAF), Chus Serradilla (AECine), Uxía Caride (AGAPI/MAPA), Nathalie Marínez (Diboos), Luis Gosálbez (MAPA), José Antonio Hergueta (MAPA), Koldo Zuazua (PIAF), Ferran Cera (PROA) y Matías Daporta (AGAPI/MAPA)

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies