A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) presenta ao comité de selección para a III Edición de AGAPI IMPULSA COPROS

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) presenta ao comité de selección para a III Edición de AGAPI IMPULSA COPROS

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) vén de facer público ao comité de selección para a III edición do programa AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuíto de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión.

Este comité, formado por profesionais de recoñecido prestixio dentro do ámbito a produción executiva, esta composto por: Raúl García de Meteórica Cine, Pilar Abades de Illa Bufarda e Javi Lopa de Undodez. Estas serán as persoas encargadas de seleccionar os 5 proxectos que participen nesta III edición e de atopar sinerxías entre os cinco proxectos selecionados e as persoas responsables das mentorías.

AGAPI IMPULSA COPROS está dirixido a creadores e creadoras menores de 30 anos que teñan entre mans un proxecto orixinal, de longametraxes ou serie de ficción, animación ou documental, en galego ou castelán, para cine ou televisión. Os proxectos ou participantes deben ter un vínculo demostrable con Galicia ou a cultura galega.

A convocatoria para presentar proxectos estará aberta dende o 10 de setembro ata o 6 de outubro ás 13:59 horas.

AGAPI IMPULSA COPROS conta co financiamento do AGADIC a través da liña de Subvencións para laboratorios, incubadoras e residencias de creación ou desenvolvemento de proxectos audiovisuais, do ano 2024.

Podedes presentar a vosa candidatura nesta ligazón: aquí.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies