Agapi organiza no marco do Festival de cine internacional de Ourense o II Encontro Estatal da Plataforma Audiovisual de Produtoras (PAP) dos días 29 de setembro a 1 de outubro.
Ourense será de novo o punto de encontro das Federacións e Asociacións que forman parte desta plataforma que se reunirá durante tres días para falar da situación actual do audiovisual en España, da relación coas plataformas, dos contratos e dereitos de propiedade intelectual ou do marco lexislativo entre outras cuestións.

A PAP está conformada por todas as Federación de produción audiovisual do Estado. Forman parte:
-AECINE: Asociación estatal de Cine.
-DIBOOS: Federación estatal de Animación.
-MAPA: Federación territorial composta por 10 Asociacións de Produtoras Independentes de diferentes Comunidades Autónomas, entre as que se encontra AGAPI.
-PIAF: Federación de Asociacións de Produtoras Independentes composta por 7 asociacións de diferentes Comunidades Autónomas.
-PROA: Federación de Asociacións de Produtoras Estatales composta por 7 asociacións, das cales 5 son sectoriais e 2 están adheridas a outras CCAA.
-PROFILM: Asociación de Produtoras que ofrecen servizos a rodaxes internacionais en España.
Esta plataforma representa o 90% da produción independente española. Está composta por máis de 500 empresas de produción audiovisual e ten como finalidade operativa a procura de sinerxías en cuestións transversais relacionadas co modelo de xestión dos recursos públicos e privados, os orzamentos ou a relación da industria audiovisual coas institucións.