Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 15 de outubro unhas xornadas de formación presencial dedicadas a analizar aspectos relacionados coas deduccións e incentivos fiscais para o sector audiovisual.
Este evento conta co apoio da Xunta de Galicia no marco das accións Galicia Pro Filme que leva a cabo a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O desenvolvemento da xornada terá lugar no Auditorio do Museo das Peregrinacións ubicado na Praza das Praterías de Santiago de Compostela.
Baixo o título: “Fiscalidade no sector audiovisual”abordaranse cuestións como as deduccións e transferencias de crçedito fiscal en producións de cine, as formas xurídicas apra encamiñar un investimento no audiovisual ou os incentivos territoriais e outras vías de financiamento dunha produción.
A xornada será de balde pero precisará dunha inscrición previa (antes do 14 de outubro) que se pode realizar neste enlace.
‘Fiscalidade no sector audiovisual’
15 de outubro de 2024
Museo das peregrinacións,
Praza das Praterías, 2, 15704 Santiago de Compostela
- 10h. Benvida.
- Por: Jacobo Sutil Nesta, director da Axencia Galega das Industrias Culturais e Felipe Lage Coro, Presidente de AGAPI.
- 10.15h.-11h. ‘Deduccións e transferencias de crédito fiscal en producións cinematográficas’.
- Por: Sergio Segarra, plataforma de financiamento de YUNIT e Leticia Domínguez, Key Account Manager en YUNIT.
- 11h.-11.45h. ‘Formas xurídicas para encamiñar un investimento no audiovisual. Garantías ao inversor’
- Por:María Negro, xerente do departamento legal de Media e Tecnoloxía de Auren Legal.
- 11.45h.-12h. Descanso.
- 12h.-12.45h. ‘Incentivos fiscais territoriais e outras vías para financiar a produción’
- Por: Alfonso del Río Moreno, socio de CAP7 Consulting e Miguel Rodríguez Ureña, socio de CAP7 Consulting.
- 12.45-13.15h. Quenda de preguntas e clausura.
- 16-18h. Reunións executivas one-to-one.