O filme ‘As liñas descontinuas’, producido por Sétima, inicia a súa rodaxe

O filme ‘As liñas descontinuas’, producido por Sétima, inicia a súa rodaxe

Xa está en marcha a rodaxe do novo filme de Anxos Fazáns (‘A Estación Violenta’, 2017) ‘As liñas descontinuas’. Trátase dunha película producida por Sétima (Silvia Fuentes, Anxos Fazáns) e Sideral (Nuria Landete, Roberto Butragueño) que conta con localizacións en Vigo e Marín.

Partindo dunha noticia que Anxos Fazáns atopou nun periódico, a longametraxe arrinca co encontro inesperado de Bea, unha produtora musical que atravesa un momento de crise vital, con Denís, un mozo, que despois dunha festa cun grupo de colegas, cóase na súa casa.
A cinta, rodada íntegramente en galego, está protagonizada por Mara Sánchez, actriz que conta cunha sólida carreira nos anos 2000 tanto en televisión como nas salas de teatro en Galicia, e Adam Prieto, para o que Denís supón o seu primeiro papel na interpretación, e que xurdiu dunha labor exhaustiva de casting liderada por Sonia Méndez.

Logo do seu percorrido polos laboratorios de guión de Sources 2, La Incubadora de ECAM ou o Campus de Verano da Academia de Cine, patrocinado por NETFLIX a película xa está en marcha e extenderá a súa rodaxe durante todo o mes de outubro.

A película conta co apoio do ICAA, AGADIC e CRTVG.


Sinopse:

Bea é unha muller de 50 anos que se está separando do seu marido. O día no que ten que abandonar o fogar no que viviu os últimos vinte anos chega á súa casa e atopa todo patas arriba e a un dos ladróns durmindo na súa cama. Denís é un mozo de 28 anos que, a pesar de ter estudado unha carreira, loita coa precariedade laboral e a falta de oportunidades.
Despois de pasar tres días xuntos, cada un debe continuar o seu camiño. Cando retoman as súas vidas, xa non son os mesmos. As Liñas Descontinuas é unha historia sobre a conexión humana e a amizade.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies