‘A coral’ nova serie para ‘A Galega’ producida por Tex45 Producións

‘A coral’ nova serie para ‘A Galega’ producida por Tex45 Producións

Na escola unitaria do concello de Mesía comezou este luns, 21 de Outubro, a
gravación de “A Coral”, unha serie producida por Tex 45 Producións para TVG que
espera estrearse na plataforma “AGalega” antes de que remate este ano 2024.

A serie consta de 13 episodios de 15 minutos de duración que, en ton de comedia,
contan as peripecias dun prestixioso director que, tras sufrir unha crise nerviosa,
debe abandonar o seu traballo e vese obrigado a dirixir unha coral de pobo.
Carlos Blanco dará vida ao protagonista da serie e terá que “lidiar” cos aspirantes a
cantantes, entre os que se atopan coñecidas actrices como Marta Larralde e Eva
Iglesias, debutantes no mundo da interpretación como María Soa (de “Fillas de
Cassandra”), a recoñecida soprano Teresa Novoa, Manu Casal, Paula Jorge e Jesús
Sánchez, o primeiro actor invidente nunha serie da TVG. A serie contará tamén coa
participación de Marcos Pereiro, como concelleiro de cultura, e Elba Pedrosa, como
a psicóloga que trata ao director.

A gravación prolongarase ao longo das próximas tres semanas. O groso do traballo
centrarase na escola unitaria, na que se localiza, tanto a aula onde a Coral ensaia,
como a vivenda do director.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies