Autor: agapi

Xa está en marcha en Vilardevós a rodaxe de ‘Tralovento’, producida por Zeitun Films

No mes de abril déronse os primeiros encontros entre o Concello de Vilardevós, o director Eloy Domínguez e o equipo da produtora galega Zeitun Films, atraídos polas paisaxes e o patrimonio da zona, para a rodaxe da película ‘Tralovento’. O filme ródase tamén en Verín, Cualedro, Laza, Monterrei e na …

Taller de protocolos de consentimento dende o rol de coordinación de intimidade con Andrea Isasi

A AAAG organiza un Taller de protocolos de consentimento dende o rol de coordinación de intimidade. Hoxe por hoxe converteuse nunha necesidade fundamental introducir nas escolas de ensinanzas artísticas a conciencia e as ferramentas de autocoidado individual e grupal que nos brindan os procesos de protocolos de consentimento. A súa …

Comunicado conxunto das asociacións profesionais audiovisuais sobre o novo anteproxecto de Lei de Medios Públicos da Xunta /CRTVG

A Mesa do Audiovisual Galego, que aglutina as organizacións profesionais galegas representativas do sector audiovisual, manifesta conxuntamente a súa preocupación ante o borrador de Anteproxecto de Lei de Servizos dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia para a Sociedade Dixital presentado polo Consello da Xunta e actualmente en período …

O filme ‘Prefiro condenarme’ seleccionado no First Look do Festival Internacional de Locarno

O Festival de Locarno deu a coñecer os seis proxectos independentes españois seleccionados que forman parte do festival na sección First Look, sección coñecida como ‘work in progress’. A iniciativa desenvólvese do 9 ao 11 de agosto dentro do Festival e conta co apoio de ICAA e ICEX. O filme …

O ‘I+P, Ideas para Producir’ abre a convocatoria de proxectos para a súa edición do 2024

A 18ª edición do pitching ‘I+P, Ideas para Producir‘ abre a súa convocatoria para inscribir proxectos de cine e televisión. O evento, que supón unha excelente oportunidade para a venda, financiación, distribución e coprodución de contidos audiovisuais, celebrarase na Coruña os días 28 e 29 de novembro de 2024. O “I+P, Ideas para Producir” está organizado …

O filme ‘La Parra’, producido por Filmika Galaika, chegará aos cines en decembro

O filme ‘La Parra’, dirixido por Alberto Gracia e producido por Filmika Galaika chegará o vindeiro 13 de decembro ás salas comerciais da man da distribuidora Begin Again. Sinopse: Damián participa nun concurso televisivo onde premian a literalidade. Colocáronlle o seu nome na camisa. Cando o programa vai a publicidade, …

O proxecto ‘Caso Couso’ (Recrea Films) é recoñecido con dous premios no Conecta Fiction & Entertainment 2024

O proxecto de serie documental #CasoCouso, que será producido por Recrea Films, foi seleccionado na octava edición do Conecta Fiction & Entertainment 2024 na categoría Pitch Docudrama Series no que foi recoñecido con dous galardóns converténdose no proxecto español máis premiado. -Premio CMMedia, consistente na produción dun clip promocional libre …

Mesa: O audiovisual galego: industria audiovisual?

O vindeiro venres 28 terá lugar a mesa de debate ‘O audiovisual galego, industria audiovisual?’, dentro da programación do CeMAC. A Fundación Carlos Casares organiza entre o 24 e o 28 de xuño a vixésima edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC), dentro da oferta formativa de Extensión …

Rosa Moledo recolle o III Premio de Honra Dolores Ben nun emotivo acto celebrado en Cinemar

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) entregou o martes 18 de xuño, o III Premio de Honra Dolores Ben á tradutora e asesora lingüística Rosa Moledo. A entrega do galardón tivo lugar en Cinemar Films, estudo cinematográfico de son fundado por Dolores Ben no ano 2006, emprazado no polígono de Novo Milladoiro moi …