O filme ‘La Parra’, dirixido por Alberto Gracia e producido por Filmika Galaika chegará o vindeiro 13 de decembro ás salas comerciais da man da distribuidora Begin Again.
Sinopse:
Damián participa nun concurso televisivo onde premian a literalidade. Colocáronlle o seu nome na camisa. Cando o programa vai a publicidade, comeza a historia:
*Érase unha vez un home de mediana idade que vive de forma precaria nunha gran cidade. Ao recibir a noticia de que o seu pai morreu, ten que volver a Ferrol, a súa vila natal. Tras máis de vinte anos fóra, Ferrol converteuse nunha ruína que todo o atrapa.
‘La Parra’ é unha produción de Filmika Galaika e Tasio con distribución e vendas internacionais de Begin Again Films. A película está financiada polo ICAA, AGADIC e a TVG.