O Festival de Locarno deu a coñecer os seis proxectos independentes españois seleccionados que forman parte do festival na sección First Look, sección coñecida como ‘work in progress’. A iniciativa desenvólvese do 9 ao 11 de agosto dentro do Festival e conta co apoio de ICAA e ICEX.
O filme no non ficción, producido por Nós, Produtora Cinematográfica Galega S.L., é un documental creativo dirixido por Margarita Ledo Andión e cun guión asinado pola directora e poeta Eva Veiga. O filme trata a historia dunha mariscadora da ría de Ferrol na que se entrelazan desexo, desobediencia e clase social nun tempo, o da ditadura, en que cuestións coma o denominado adulterio ou abandono de fogar eran considerados ‘delitos específicos de mulleres’.
O Festival de Locarno é un Festival Internacional de cinema que se celebra na localidade suíza que lle dá nome desde 1946.