O proxecto ‘Caso Couso’ (Recrea Films) é recoñecido con dous premios no Conecta Fiction & Entertainment 2024

O proxecto ‘Caso Couso’ (Recrea Films) é recoñecido con dous premios no Conecta Fiction & Entertainment 2024

O proxecto de serie documental #CasoCouso, que será producido por Recrea Films, foi seleccionado na octava edición do Conecta Fiction & Entertainment 2024 na categoría Pitch Docudrama Series no que foi recoñecido con dous galardóns converténdose no proxecto español máis premiado.

-Premio CMMedia, consistente na produción dun clip promocional libre de dereitos.

-Premio Conecta Dixital, consistente nun programa de sesións de mentoring individuais e unha acreditación presencial para o evento Conecta Dixital (novembro 2024).

A gala de entrega do Conecta Fiction & Entertainment 2024 tivo lugar no Auditorio do Palacio de Congresos O Greco (Toledo).