Xa está en marcha en Vilardevós a rodaxe de ‘Tralovento’, producida por Zeitun Films

Xa está en marcha en Vilardevós a rodaxe de ‘Tralovento’, producida por Zeitun Films

No mes de abril déronse os primeiros encontros entre o Concello de Vilardevós, o director Eloy Domínguez e o equipo da produtora galega Zeitun Films, atraídos polas paisaxes e o patrimonio da zona, para a rodaxe da película ‘Tralovento’. O filme ródase tamén en Verín, Cualedro, Laza, Monterrei e na localidade de Vilar de Barrio, en Xinzo de Limia.

Tras meses de procura para dar coas vivendas e localizacións que se axustasen aos requisitos da dirección de arte, unha das casas elixidas, na aldea da Devesa, foi a primeira en encherse co equipo de profesionais que trasladarán á gran pantalla a historia de Ana, que regresa ao seu pobo tras a morte do seu pai. A súa intención é irse despois do enterro, pero sente a necesidade de quedar.

A rodaxe daba comezo a semana do 19 de agosto e continuará no mes de setembro.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies