Mesa: O audiovisual galego: industria audiovisual?

Mesa: O audiovisual galego: industria audiovisual?

O vindeiro venres 28 terá lugar a mesa de debate ‘O audiovisual galego, industria audiovisual?’, dentro da programación do CeMAC.

A Fundación Carlos Casares organiza entre o 24 e o 28 de xuño a vixésima edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC), dentro da oferta formativa de Extensión Universitaria da UVigo. Neste sentido, a entidade leva dende o ano 2004 levando cada verán á vila ourensá, berce de Curros Enríquez, a diversos profesionais do sector audiovisual para que analicen de forma e polo miúdo o seu labor diante das persoas que se matriculan no curso, que poden ser tanto alumnado universitario como público interesado no sector, xa que non hai restrición neste sentido.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies