Autor: agapi

Comeza a rodaxe en Sanxenxo de ‘Así chegou a noite’, terceira longametraxe do director Ángel Santos producida por Maruxiña Film Company

O pasado venres, 3 de maio, presentouse no antigo cine de Vilalonga (Sanxenxo) o comezo da rodaxe da longametraxe ‘Así chegou a noite’, que será dirixida por Ángel Santos e producida por Maruxiña Film Company, produtora do tamén director Alfonso Zarauza. Á presentación acudiron o conselleiro de Cultura, Lingua e …

‘As Neves’, dirixida por Sonia Méndez, preestreouse na Fonsagrada, a vila onde se rodou

A longametraxe As Neves, ópera prima escrita e dirixida por Sonia Méndez, celebrou hoxe unha preestrea na Fonsagrada (Lugo), a vila onde se rodou, previa á súa estrea comercial en cines o vindeiro 10 de maio. A directora, Sonia Méndez, manifestou a súa “enorme emoción” por presentar a película no …

Arrinca a rodaxe da nova serie de Portocabo ‘Weiss & Morales’

O pasado luns comezou nas Illas Canarias a rodaxe de “Weiss & Morales”, a nova serie de Portocabo protagonizada por Miguel Ángel Silvestre e Katia Fellin. A ficción é unha coprodución entre as españolas RTVE, Portocabo e as alemás Nadcon, ZDF e ZDF Studios. As illas, principalmente Gran Canaria, serán …

‘+Cuñados’ consegue ser a película máis vista nas salas galegas na súa estrea en cinemas

A longametraxe +Cuñados, secuela da exitosa comedia Cuñados, conseguiu ser na semana da súa estrea a película máis vista nos cinemas galegos, superando nun 50% a recaudación da segunda máis vista, Civil War. O filme estreouse en 34 salas galegas, obtendo o récord absoluto de presenza en sala dunha estrea …

Formación nas tres universidades galegas para celebrar os 30 anos de Agapi

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) …

‘O Corno’, ‘Matria’ e ‘Rapa’, vencedoras dos XXII Premios Mestre Mateo con 15 galardóns

Os XXII premios Mestre Mateo do audiovisual galego entregáronse o sábado pola noite nunha gala celebrada no Coliseum da Coruña. O filme de Jaione Camborda, ‘O corno’ foi a obra máis premiada da noite ao conseguir sete galardóns: Mellor dirección de arte (Melania Freire), Mellor maquillaxe e perruquería (Bárbara Brouke, Lorena …

VIII edición dos Premios María Luz Morales

A Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións galegas convocan os VIII Premios María Luz Morales de Ensaio e Videoensaio sobre o Audiovisual para premiar a excelencia na investigación científica no ámbito audiovisual. As persoas interesadas en participar poden presentar os seus ensaios escritos e/ou os seus videoensaios sobre temática galega …

Agapi e a Xunta poñen en marcha a segunda edición do roteiro ‘Educa Audiovisual’ nos centros de secundaria galegos

Agapi e a Xunta lanzan este mes a segunda edición do programa pedagóxico Educa Audiovisual para a difusión de producións galegas e en lingua galega entre o alumnado de Educación Secundaria. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades desenvolve esta iniciativa coa colaboración da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), que …

A produtora Matriuska filma o documental ‘Hoxe e o resto do mundo’ sobre a historia de Sargadelos

Matriuska Producciones está filmando estos días no Museo de Belas Artes da Coruña un documental sobre a historia de Sargadelos. O filme está dirixido por Cecilia Betz e Andrés Sanjurjo e conta con Daniel Froiz como produtor executivo. O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a …

Primeira rodaxe dun proxecto impulsado polo programa Agapi Impulsa Copros

Ródase estes días o proxecto ‘360 Curvas’ (antes titulado ‘As movidas’). Trátase dun documental experimental de autor que percorre á inversa o camiño trazado pola xente da Fonsagrada. ‘360 curvas’ explora os conflitos sociais que aconteceron na Fonsagrada a comezos dos anos 90, coñecidos como ‘As Movidas’. Unha loita pioneira …