Primeira rodaxe dun proxecto impulsado polo programa Agapi Impulsa Copros

Primeira rodaxe dun proxecto impulsado polo programa Agapi Impulsa Copros

Ródase estes días o proxecto ‘360 Curvas’ (antes titulado ‘As movidas’). Trátase dun documental experimental de autor que percorre á inversa o camiño trazado pola xente da Fonsagrada. ‘360 curvas’ explora os conflitos sociais que aconteceron na Fonsagrada a comezos dos anos 90, coñecidos como ‘As Movidas’. Unha loita pioneira contra a desaparición do mundo rural, precursora da España Vaciada.

Este proxecto foi un dos seleccionados na I edición do Agapi Impulsa Copros para formar parte do programa de asesoramento e mentoría. Antes titulado ‘As Movidas’, o proxecto impulsado por Alejandro Gándara e Ariadna Silva, contou co acompañamento de Gaspar Broullón da produtora Ollovivo.

O documental experimental ‘360 Curvas’ está producido por Rebordelos e conta coa produción executiva de Tamara Canosa, Xacio Baño, Alejandro Gándara, Ariadna Silva, Adrián Méndez e Manuel Lucas Mariño.