O vindeiro 12 de setembro chegará a Movistar+ a última temporada de ‘Rapa’.
Javier Cámara e Mónica López volverán protagonizar os seis novos episodios da serie de Movistar Plus+ creada por Pepe Coira e Fran Araújo. Os personaxes de Tomás (Cámara) e Maite (López) teranse que enfrontar a unha acusación de asasinato e a un secuestro, respectivamente, nos novos episodios da serie.
Esta terceira temporada está dirixida por Jorge Coira e conta con Alfonso Blanco (Portocabo) na produción executiva.
A preestrea tivo lugar o 5 de setembro no Festival de Televisión de Victoria-Gasteiz.