Categoría: Destacadas Actualidade

A CRTVG producirá 25 novos proxectos nativos dixitais en galego

A CRTVG vai producir 25 novos proxectos no marco da súa convocatoria de selección de produtos dixitais en lingua galega, resolta pola Comisión Directiva de Avaliación de Proxectos da Corporación e á que se destinan máis de 300.000 euros. Entre os 25 proxectos hai contidos divulgativos, infantís, de entretemento, humor, …

Arrinca a rodaxe do filme ‘Prefiro condenarme’, producido por Nós, produtora cinematográfica galega

O día 15 de xaneiro arrincou a rodaxe do novo filme de Margarita Ledo, ‘Prefiro condenarme’. Trátase dunha produción de Nós, produtora cinematográfica galega. Melania Cruz, xunto con Iria Piñeiro e Mónica Camaño, integran o plantel de actrices deste filme de non ficción no que se conta a historia de …

A segunda temporada de “Los Enviados”, producida por Portocabo, terá a súa estrea o 26 de xaneiro en SkyShowtime

SkyShowtime anunciou que a segunda temporada de “Los Enviados” ten prevista a súa estrea en exclusiva o venres 26 de xaneiro con catro episodios. Posteriormente, o venres 15 de marzo, estrearanse os restantes catro episodios que completan a segunda temporada. O SkyShowtime Original regresa así á plataforma, na que xa …

Aberta a inscrición para a novena edición do Conecta +

Xa está aberta a inscrición para a novena edición do Conecta +, unha ferramenta para poñer en contacto a creadores/as con proxectos en fase de desenvolvemento con produtoras (tanto galegas como do resto de España e portuguesas) que poidan estar interesadas en levar a cabo eses proxectos. Máis información

Felipe Lage Coro renova o seu compromiso como presidente de Agapi ata 2025

A Asemblea Xeral de socios de AGAPI celebrada onte, 11 de decembro, acordou de novo apoiar por unanimidade a candidatura de Xunta Directiva para os vindeiros dous anos, presidida por Felipe Lage Coro, produtor executivo en Zeitun Films. Estará acompañado por X. Lois Ledo de Nós Produtora Cinematográfica Galega como …

Destinados 500.000 euros a 21 novos proxectos para o desenvolvemento audiovisual

A Xunta de Galicia acaba de facer pública a resolución de concesión de 500.000 euros en axudas ao sector audiovisual galego para o desenvolvemento de 21 novos proxectos de cinema e televisión que se atopan na súa fase de preprodución. Este investimento será destinado polas 20 empresas adxudicatarias a financiar …

Cinco produtoras de Agapi con nominacións aos Goya

Son cinco as produtoras de Agapi con películas que contan con candidaturas aos Premios Goya. Trátase de Matriuska Films, Miramemira, Esnatu Zinema, Abano Producións e Undodez. ‘O soño da sultana’, filme producido por Abano Producións e dirixido por Isabel Herguera, está nominado a Mellor Película de Animación. A curtametraxe ‘To …

Undodez arrinca a produción de ‘Bibopalula’, nova serie de animación en galego

Undodez acaba de poñer en marcha o proceso de produción do seu novo proxecto: ‘Bibopalula’, unha serie de animación realizada en galego e dirixida a espectadores primerizos. Os capítulos virarán ao redor de catro paxaros que teñen unha banda de música e contarán moitas historias relacionadas cos ciclos da natureza. …

Unha escolma do mellor cinema galego poderá verse no Culturgal da man de AGAPI

Culturgal, encontro anual da cultura en Galicia, terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra dos días 1 ao 3 de decembro. Un ano máis, poderán verse no marco do Culturgal as mellores producións audiovisuais feitas desde Galicia. AGAPI coordina de novo esta programación audiovisual que poderá disfrutarse no Salón de Actos …

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies