A serie de animación infantil ‘Son Soniños’ (H501 Studio), proxecto partícipe das mentorías Agapi Impulsa Copros IV, chega á plataforma dixital do Xabarín

‘Son Soñiños’, serie de animación infantil e partícipe das mentorías Agapi Impulsa Copros IV, está dispoñible desde o pasado 25 de setembro na plataforma online xabarin.gal . Producida pola asociada de AGAPI H501 Studio, creada e dirixida por Miguel Casaseca, ten o obxectivo de relaxar aos pequenos de entre 2 a 6 anos. É unha serie con estímulos visuais reducidos que busca que o público agudice a escoita e complete os elementos coa imaxe e a imaxinación.
A Curuxa Maruxa está namorada de todos os contos e historias que imaxinamos. Por iso non hai nada máis triste para ela que pensar que polas mañás os nenos e nenas esquecen as fantásticas historias que soñan polas noites. Así que un día asume unha misión: a de gardar e difundir esas historias para que non caian no esquecemento. Agora, cada noite, ela voa ata as nosas fiestras para ser espectadora dos nosos soños e así despois poder contárnolos. A Curuxa Maruxa, protagonista do proxecto, é en definitiva unha contacontos que, ante todo, convida a imaxinar.
‘Son Soniños’ contou cos deseños de personaxes de Suenaon (Noa-Neus Fuentes), ilustradora galega que traballa desde Los Ángeles adicada aos contos infantís que conseguiu crear ese universo de ensoñación con personalidade propia. A animación correu a cargo de Nacho Laya (director de animación) e Lucía Rodríguez, experetos extraordinario en proxectos de animación 2D Cut-Out. Na música e na posprodución sonora H501 Studio traballou con Alejandro Ruiz, co obxectivo de crear un ambiente sonoro enriquecedor e uns toques musicais que puideran enfatizar a narración. Por último, a actriz lucense Mariña Pena é a voz da singular Curuxa Maruxa.
O proxecto ‘Son Soniños’ participiou no espazo de mentoría de proxectos Agapi Impulsa Copros IV, onde foi asesorado polo produtor asociado de AGAPI Alberto Díaz, de Mordisco Films.