Uxía Caride Blanco e Anxos Fazáns, xerente e asociada de AGAPI, galardoadas co Premio Mulleres no Foco

Uxía Caride Blanco e Anxos Fazáns, xerente e asociada de AGAPI, galardoadas co Premio Mulleres no Foco

Uxía Caride Blanco e Anxos Fazáns, xerente e asociada de AGAPI, galardoadas co Premio Mulleres no Foco

O pasado venres 9 de outubro tivo lugar no Auditorio de Marín a gala dos Premios Mulleres no Foco 2026, promovidos pola Deputación de Pontevedra e CIMA Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais. Estos premios teñen por obxectivo recoñecer a traxectoria das profesionais galegas do audiovisual e facer que cheguen ao conxunto da sociedade para construír referentes e avanzar na mellora das cifras de representatividade feminina nesta industria.

Nesta 6º edición dos Premios Mulleres no Foco foron recoñecidas a cineasta e produtora Anxos Fazáns (asociada de AGAPI), a actriz Mabel Rivera e a docente, divulgadora e xerente de AGAPI, Uxía Caride. No seu discurso, Caride reivindicou a importancia de espazos de recoñecemento e sororidade como os Premios Mulleres no Foco. Desexando un futuro con moitas máis oportunidades para as mulleres que veñen.

Pola súa banda, Fazáns recoñeceu a emoción de recibir o premio na súa terra natal. Destacou o traballo diario de CIMA polo ben colectivo e declarou a súa intención por seguir traballando por un futuro no que todas as mulleres telan cabida e recoñecemento.

Imaxe de Rafa Vázquez