‘MONSTRO’, a agardada nova película de Andrés Goteira producida por Gaitafilmes en coprodución con Mordisco Films e Indígena Films, terá a súa estrea mundial no Festival de Sevilla

‘MONSTRO’, a agardada nova película de Andrés Goteira producida por Gaitafilmes en coprodución con Mordisco Films e Indígena Films, terá a súa estrea mundial no Festival de Sevilla

‘MONSTRO’, a agardada nova película de Andrés Goteira producida por Gaitafilmes en coprodución con Mordisco Films e Indígena Films, terá a súa estrea mundial no Festival de Sevilla

‘MONSTRO’, a nova longametraxe de Andrés Goteira, protagonizada por Antonio Durán “Morris” e Iván Marcos, foi seleccionada para competir en ‘Embrujo’, a sección do Festival de Cine de Sevilla dedicada ás miradas máis singulares, audaces e innovadoras do cine europeo contemporáneo. Onde terá a súa estrea mundial.

Producida por Gaitafilmes en coprodución con Mordisco Films e Indígena Films, ‘MONSTRO’ continúa a traxectoria de Andrés Goteira, un dos cineastas galegos que desenvolveu unha mirada privado ao redor dos xéneros cinematográficos e as súas posibilidades formais. Goteira debutou na longametraxe con ‘DHOGS’ (2017), película coa que obtivo, entre outros recoñecementos, o Mestre Mateo a Mellor Película e que tivo un amplo percorrido por festivais nacionais e internacionais. O seu cine caracterízase pola experimentación visual, a exploración dos códigos do fantástico e unha especial atención á posta en escena e a construción de atmosferas.

Rodada en distintos concellos da provincia de Lugo, ‘MONSTRO’ converte a paisaxe galega nun elemento fundamental da película. As súas localizacións naturais, bosques e espazos rurais contribúen a construír o universo misterioso e illado no que se desenvolve a historia. O proxecto conta o financiamento de Xunta de Galicia e ICAA e coa participación de RTVE e CSAG.

No filme Goteira profunda na súa procura a través dunha proposta que combina fantástico e experimental, apoiándose especialmente na imaxe, a fotografía e os recursos cinematográficos. O propio Festival de Cine de Sevilla destaca a película como unha proposta arriscada que “aposta pola imaxe, a fotografía e os recursos cinematográficos” e que “mestura marabillosamente o fantástico e o experimental na súa procura esencialista”.

Sinopse: Un home chega a unha casa illada en plena natureza e decide instalarse nela. Preto de alí, hai un bosque misterioso habitado por unha criatura ancestral. A súa curiosidade lévalles a un encontro, desencadeando unha necesaria confrontación.